No curso 2013-2014 fixemos unha serie de actividades denominadas BATAS AO PILÓN, onde misturamos o PROXECTO BATA co ROTEIRO POR COIA.
Aquí vemos os vídeos das actuacións levadas a cabo en Marzo do 2014 no IES, onde hubo as seguinters actividades:

1o Bacharelato de artes escénicas: presentación do festival e actuacións musicais.
2o Bacharelato artes escénicas: adaptación teatral do relato O INDULTO de E. Pardo Bazán.
1o Bacharelato (Historia e Antropoloxía): encontro coa asociación de mulleres do barrio de Coia DORNA para falar sobre a súas experiencias nos lavadoiros.
4oESO B: elaboración da “colada” con casca de carballo e explicación no festival
3oESO diver-ciencias: elaboración de xabón e explicación da súa experiencia
3o ESO bilingüe: composición e actuación dun rap en inglés sobre o
tema das lavandeiras.
4º B ESO tecnoloxía: creación dun doblador de camisetas e
demostración no festival.
1o ESO lingua castelá: traballo do texto instructivo, “como poñer a lavadora” e explicación no festival
1o ESO titoría: teatralización de poemas de Rosalía sobre as lavandeiras do libro sobre as lavandeiras de María Cerqueiro da
editorial A NOSA TERRA.
PLÁSTICA: coloborou recopilando unha galería de imaxes (pintura e fotos) que logo usamos.
  • teatro O INDULTO, baseado nun conto de Emilia Pardo Bazán, montado e interpretado polo alumnado de 2º Bacharelato Musical dirixido pola profesora Patricia (Dpto. Galego)
  • presentación e interpretacións musicais alumnado 1º Bacharelato musical. Peza tradicional Lavandeira de noite musicada e orquestada por Xaquín Eliot (alumno Bacharelato musical)
  • rap en inglés sobre lavandeiras, alumnado 3º ESO A dirixido pola súa titora Luz Valencia (Dpto. Inglés)
  • poesías teatralizadas de Rosalia baseadas no libro sobre as lavandeiras de María Cerqueiro da editorial A NOSA TERRA, alumnado 1º ESO D dirixidos pola súa titora Cristina Fernández (Dpto. Ingles)
  • Explicacións científico-tecnolóxicas:
      • como facer xabón reciclando aceite, alumnado 3º Diversificación dirixidos pola súa titora Carmen Egido (Dpto. Física e Química)
      • como se facía a colada tradicional con cinza de casca de carballo, alumnado de 4º B dirixido pola profesora de Bioloxía Carmen Martínez.
      • como facer unha plegadora de camisetas low-cost, alumnado de 4º B dirixido pola profesora de Tecnoloxía Paz López.
  • Esposición na entrada do IES: